sábado, 16 de octubre de 2010

A orixe

A idea de crear un carro para correr xurdiu durante o verán de 2010, cando por segundo ano atopabámonos vendo a baixada de Cabral e pensando en que para o ben que está non sería demasiado complicado participar, todos tivemos carros de bolas de pequenos e xa sabemos de que vai isto. 
A cousa quedou aí ata que un par de meses despois mais ou menos e tomando unhas copas, como non, puxemos día e hora para falar do tema.

Á primeira reunión xa non fomos todos, pero serviu para que a idea fose tomando forma, vímos o regulamento da FD, recollemos ideas googleando, démoslle nome o equipo (isto era fundamental) e decidimos que queríamos que o carro tivese un chasis "tubular" porque molaba mais.