miércoles, 25 de mayo de 2011

Rut's new stage

Logo dun tempo sen publicacións, continúo co desenrolo deste blog.
Neste tempo traballamos máis que nunca e aínda que a primeira ollada non pareza que se avanzou moito, á dirección pouco lle falta e con isto a metade está feito, o demais irá rodado.

Neste tempo vimos de sufrir un novo traslado, esta vez a casa de Rut. Os motivos deste cambio son similares ao anterior, a pouca dispoñibilidade e o pouco interese do anfitrión.
Este traslado limítanos un pouco en canto aos medios físicos pero abrenos unha gran posibilidade en canto a horarios. 
Traballamos sabados por suposto, luns e se non recordo mal, creo que algún Domingo (confirmade isto membros do equipo). Se que había xente que dicía que non nos daría tempo, o mesmo tempo daranos a razón.
Con este cambio de sede non só se emendou o problema do abastecemento líquido aos membros do equipo senón que se superou xa que tamén dispomos dalgunha que outra cousa que comer. Ultimamente tamén estamos estámonos animando a cear xuntos os sábados ó terminar e é unha moi boa costume.

Volvamos ao importante. O que estamos finiquitando son as pezas nas que se montarán os rodamientos e a dirección, sobre estas pezas poñerei algunha foto en detalle cando estean rematadas porque unha peza de enxeñería de tal calibre perferctamente poderiámola ver no MP4-26 do gran Lewis Hamilton.
Tamen temos xa a columna de dirección e o seu soporte e o triángulo de dirección.

Estes días asistimos ao descenso de carrilanas de Mos, e isto fíxonos reformularnos seriamente o sistema de freos e se será necesario alixeirar un pouco un mounstruo que con todos os ocupantes encima pode chegar ata 500 Kg  de peso e iso non vai haber forma de paralo.





Cada peza confeccionada debe pasar un riguroso control de calidade en base a test adaptativos informatizados.

Bye-bye Chispa... e rebarbadora tamen

Esta entrada pertence ao último día na casa de Jose. Non me apetece escribir moito así que será breve.
Mención especial merece a traballadora que contratamos por horas pero que como nos saía moi cara só estivo 15 minutos.
Algo fixemos pero pouco e como sempre traballamos sobre as pezas que que comporán a dirección.
A todo isto e despois de varios intentos , sempre involuntariamente iso si, Fran conseguíu queimar literalmente unha rebarbadora. Tiña que pasar.








Flashman tamén está no equipo pero como se move tan rápido case nunca sae nas fotos.


En calqueira momento pode comezar a sair fume


Detalle do corte realizado


Este fume non é nada comparado co que saíu por ahí

Sangue, suor e bágoas


Que bonita es Chispa