miércoles, 29 de junio de 2011

Camisetas JRT

O de facernos unhas camisetas para o equipo é unha idea que vén de fai tempo e agora que estamos chegando a poder ter algo que tirar por unha costa abaixo pois as altas instancias do equipo parece que queren levalo a cabo.
Creei uns deseños baseándome no logo do equipo. Creo que a idea era poñer o rodamiento da cabeceira do blog e o nome co número ademais do logo. Hai que ter en conta que cantas mais cousas engadamos mais caras van ser.
A min particularmente gústame co logo no peito e o nome nas costas, sen numero, simple e bonita. 
O rodamiento non sei moi ben onde situalo, é un pouco complicado, pasoume o mesmo coa cabeceira do blog e aínda non acaba de convencerme.
Como alternativa ao nome nas costas, tambien se pode poñer o nome nunha das mangas, así é mais discreto.


Aí van algunhas ideas.
Podedes comentar ou suxerir o que estimedes oportuno no apartado de comentarios que ten a entrada.





















domingo, 5 de junio de 2011

Xa vai tomando forma

Continuamos avanzando aos poucos pero isto xa vai tomando forma. Esta vez puxémonos coa columna de dirección e xa está colocada, tamén temos as barras de dirección e as plaquetas. As pezas craves do proxecto nas que se colocarán os rodamentos continúan coa súa evolución e xa case están rematadas.

Por outra banda comezou a súa andaina o "Proxecto B" do equipo aínda que disto non podo comentar demasiado porque non se me dá ningunha información e cada vez que pregunto dánseme longas. Só sei o que vou vendo e lamentablemente de momento non hai fotos o que demostra o nivel de segredismo co que se traballa neste proxecto. Como non podía ser doutra forma este proxecto tamén deixou unha víctima, esta vez tocoulle a unha caladora.