martes, 28 de diciembre de 2010

Primeiro dia de traballo

Logo da visita de Nando e Fran ao despezamento (desguace para os de Vigo y La Coru) e que Victor comprase os tubos para o chasis, chegaba o primeiro día de traballo. 

Primeiro día de traballo e outra ausencia, ao final para xuntarnos todos imos ter que pór comida e bebida polo medio.

Non traballamos moito porque se fixo de noite moi temperán pero o tempo aproveitámolo ben, o chasis quedou listo e preparado para que sigamos traballando nel. 

Mencionar o apoio moral co que contamos en todo momento grazas a Lucía e Rut, ademais autoras da maioría das fotos.


   Aqui temos o material...
 ...e aqui a xente disposta para traballar

sábado, 4 de diciembre de 2010

Cea de Navidade 2010

As cousas hai que facelas ben desde o principio. En canto ao carro aínda non fixemos nada pero a cea foi un éxito, non faltou ninguén jajaja. O equipo ten futuro.



    Desafío de miradas

    Así quedou Victor despois do desafío

sábado, 16 de octubre de 2010

A orixe

A idea de crear un carro para correr xurdiu durante o verán de 2010, cando por segundo ano atopabámonos vendo a baixada de Cabral e pensando en que para o ben que está non sería demasiado complicado participar, todos tivemos carros de bolas de pequenos e xa sabemos de que vai isto. 
A cousa quedou aí ata que un par de meses despois mais ou menos e tomando unhas copas, como non, puxemos día e hora para falar do tema.

Á primeira reunión xa non fomos todos, pero serviu para que a idea fose tomando forma, vímos o regulamento da FD, recollemos ideas googleando, démoslle nome o equipo (isto era fundamental) e decidimos que queríamos que o carro tivese un chasis "tubular" porque molaba mais.