viernes, 22 de abril de 2016

Imos comezando

JRT 2014

O obxetivo deste ano é volver a participar na carreira de carros de bolas de Cabral. En principio con isto é mais que suficiente.

Estiven buscando fotos de como quedou o carro a última vez pero non atopei nada excepto a que ven a continuación. Se aparece algo xa as poño aquí porque non se parece en nada ó do primeiro ano, fixémolo practicamente outra vez.





Poderíamos coller o carro tal e como está e devolvelo ó seu medio natural, o asfalto, pero como detectamos algún problemas a última vez intentaremos solventalos.
Agora partindo dunha boa base pretendemos mellorar o que xa temos, os responsables disto serán un par coma este:



Non será fácil volver a replantexar todo o sistema da dirección pero xa o temos bastante encarrilado. Sobre o papel está todo claro, despois quedarán horas de acertos e erros ata que todo quede ben, nada novo.

Desta vez trasladamos o centro de operacións a casa de Artur, coa odisea que supón desprazar ó bicho (ilegalidades, carreteras secundarias...)








Algo xa fixemos

Jamusinos 3.0

Todos sabemos que os días van pasando, pouco a pouco, despois pasan as semanas (algunhas interminables), pasan os meses e finalmente pasan os anos.
Só cando tomamos algo como referencia e nos poñemos en perspectiva podemos apreciar cómo de rápido pasa todo.
Fai xa dous anos da última vez que se escribíu neste blogue, "Cavilando no resurxir" era o título dunha entrada pequena, que na súa insignificancia pasou desapercibida, efímera, como cando un se esperta demasiado cedo, mira que hora é, e segue durmindo coma se nada pasase. Tíñamos sono.



Pasaron catro anos, catro anos e cabamos de espertar, coma se o sol nos buscase unha mañá de primavera e nos erguese sen molestar, facéndoo incluso agradable. Estamos a pé e preparados para comezar outra vez.