martes, 19 de julio de 2016

Obxetivo cumprido

O que a continuación vou a relatar é a historia do día mais glorioso de JRT, a historia do que é capaz de facer un grupo de amigos involucrados para acadar un mesmo obxetivo.




16/08/2016, catro anos mais tarde o equipo volvía a competir, e como sempre nos pasa as cousas non ocorreron como era previsto... ou se cadra si.

A carreira de este ano consistíu en catro baixadas, unha de proba, e tres cronometradas. Das cronometradas tíñanse en conta as dúas mellores para a clasificación.
Chegamos con bastante confianza, resultado do test que fixemos esa mesma semana e colocados na liña de saída fixemos a baixada de proba. Normalmente esta é unha baixada descafeinada na que todo o mundo vai recoñecendo o circuíto.
Nós con toda a nosa boa fé quixemos comprobar nesta baixada de proba que os neumáticos que hai nas cunetas aguantaban o impacto perfectamente, e así, na curva mais famosa do percorrido, fixemos saltar polo aire dous metros de neumáticos.

O obxetivo que tíñamos marcado para a carreira era completar todas as baixadas. É algo que nunca conseguimos, sempre nos pasou algo.
Chegados á meta evaluamos danos, o rodamento dianteiro dereito estaba moi tocado, faltáballe un trozo e estaba rachado de lado a lado. Nese momento vimos como era bastante probable que non pasasemos de aí, nin sequera tíñamos moita fé en que aguantase o remolcado de volta ata a saída.
É triste quedar fóra na baixada de proba, tanto traballo para un minuto.

A experiencia é un valor, quen o negue é porque carece dela. En 2012 de poder fecer unhas soldaduras poderíamos ter acabado a carreira así que este ano víu con nós a máquina de soldar, a radial e ferramenta varia. 
O rodamento aguantou, foi soldado como se puido e, non tendo nada que perder, tirámonos a pola primeira cronometrada.
Tras cada baixada había que volver a soldalo pero foi aguantando e nos seguimos ó noso que é dar espectáculo.

Un accidente, un trompo, un  zig-zag de lado a lado co carro descontrolado, e para rematar unha baixada case perfecta. Non se pode ofrecer mais. Obxetivo cumprido.




O resultado de todo isto foi que a pesar de facer só unha baixada limpa foi suficiente para quedar segundos da categoría (non federado colectivo) e a tan só un segundo dos primeiros. 
Con estes datos na man e poñéndoos en perspectiva aínda temos marxe, así que ó mellor con un pouco de sorte e algo mais de práctica nos poñemos en tempos dos federados.

Así quedou, agora xa ten marcas de guerra
O famoso rodamento



Na canle de Youtube están todos os videos:



jueves, 14 de julio de 2016

Carreira is coming

Estamos a tan só dous días da Carreira de carros de bolas Cabral

Todo vai sobre o previsto e a parte mecánica está rematada, en xeral todos os puntos débiles xa non o son e hai bastantes melloras de esas que non se ven pero que están aí.

Esta é a primeira vez que podemos engadir algo de estética, o equipo creativo ten un ritmo de traballo alto e en un par de días completaron a tarefa. Ten moi boa pinta. 
Nas fotos hai algún adianto de como vai a quedar pero a presentación oficial queda para o día da carreira.

Tamén fixemos algún test e pouco a pouco imos mellorando en todo. Hai que ter en conta que a experiencia que temos é mais ben pouca e ter que conducir entre 3 non é tan fácil.
O que conduce fai de guía, os que van detrás son os que se encargan de frear e de que se poidan coller as curvas mais pechadas, e cada un a do seu lado así que a coordinación é fundamental.


Ferramentas para o tunning



En Youtube temos o vídeo do test, só se ve a saída pero non puidemos grabar mais que iso



miércoles, 15 de junio de 2016

Case case

Chegados a este punto temos prácticamente todo feito, todo o que estaba a medias xa está soldado e só nos queda adaptar o triángulo da dirección ás novas medidas, engrasar e xa poderemos poñer data para o primeiro test. 
É a primeira vez que imos tan ben de tempo que se apuramos un pouco aínda nos daría tempo a levar algún extra o día da carreira.

Vista nadir
Aqui haía un alixo de landras





O equipo de deseño segue sen dar sinais de vida. O equipo mecánico está profundamente preocupado por isto.

lunes, 16 de mayo de 2016

Progresos

Levamos un cantos días cortando e soldando, algo tan habitual que o día que non teñamos que facelo seguro que buscaremos algo que nos leve novamente a iso.
Estamos coa suspensión dianteira, é algo mais complexo do que parece e estivemos dándolle moitas voltas a como poderíamos facelo. Temos esta primeira versión que teremos que probar para saber como se comporta. Somos bastante optimistas ó respecto aínda que a teoría dí que non debería funcionar, a práctica creo que non nos vai a fallar.

Coma sempre, materiais de última tecnoloxía
Esta peza de cada vez é mais complexa


Prácticamente rematado


O seguinte paso será reaxustar a dirección ás novas medidas, unha vez feito isto xa poderemos ver como se porta. Se todo sae ben o equipo de deseño igual se ten que ir poñendo as pilas ;)

viernes, 22 de abril de 2016

Imos comezando

JRT 2014

O obxetivo deste ano é volver a participar na carreira de carros de bolas de Cabral. En principio con isto é mais que suficiente.

Estiven buscando fotos de como quedou o carro a última vez pero non atopei nada excepto a que ven a continuación. Se aparece algo xa as poño aquí porque non se parece en nada ó do primeiro ano, fixémolo practicamente outra vez.





Poderíamos coller o carro tal e como está e devolvelo ó seu medio natural, o asfalto, pero como detectamos algún problemas a última vez intentaremos solventalos.
Agora partindo dunha boa base pretendemos mellorar o que xa temos, os responsables disto serán un par coma este:



Non será fácil volver a replantexar todo o sistema da dirección pero xa o temos bastante encarrilado. Sobre o papel está todo claro, despois quedarán horas de acertos e erros ata que todo quede ben, nada novo.

Desta vez trasladamos o centro de operacións a casa de Artur, coa odisea que supón desprazar ó bicho (ilegalidades, carreteras secundarias...)








Algo xa fixemos

Jamusinos 3.0

Todos sabemos que os días van pasando, pouco a pouco, despois pasan as semanas (algunhas interminables), pasan os meses e finalmente pasan os anos.
Só cando tomamos algo como referencia e nos poñemos en perspectiva podemos apreciar cómo de rápido pasa todo.
Fai xa dous anos da última vez que se escribíu neste blogue, "Cavilando no resurxir" era o título dunha entrada pequena, que na súa insignificancia pasou desapercibida, efímera, como cando un se esperta demasiado cedo, mira que hora é, e segue durmindo coma se nada pasase. Tíñamos sono.



Pasaron catro anos, catro anos e cabamos de espertar, coma se o sol nos buscase unha mañá de primavera e nos erguese sen molestar, facéndoo incluso agradable. Estamos a pé e preparados para comezar outra vez.

domingo, 20 de julio de 2014