viernes, 20 de julio de 2012

Previo Cabral 2012

Na entrada de maio quedábanos por conseguir un par de asentos, ó final os nosos asentos apareceron á beira dun colector do lixo. 
Estamos tendo todo bastante de cara e a diferenza co ano pasado non nos estamos atopando con problemas graves. A experiencia ten que servir para algo.

Segundo escribo este texto estamos a menos dun día da carreira e xa temos todo terminado. 
A situación en comparación coa do ano pasado a estas alturas é totalmente oposta. Tivemos unha semana de marxe e isto permitiunos probalo un par de días e incluso ata pintalo (xa non será un ferro oxidado).
A tensión do último día, o traballo de madrugada e a carreira contra reloxo do propio día só permanece en nos coma un agridoce recordo. 
O ano pasado non puidemos gozalo pero o día de mañá será soamente iso, gozar do traballo feito.

Levaremos a carpa de JRT e as camisetas, será fácil atoparnos.

Estas son algunhas fotos que amosan o traballo realizado estes meses.

Fabricando un novo banco de traballo
Despezando o antigo ferro








Videos Cabral 2011

Dicen que mais vale tarde que nunca, aínda que eu creo que iso é unha gran mentira e unha mala excusa, pero a pesar de todo aquí están os dous vídeos que grabou Saúl na carreira do ano pasado.
O primeiro é o da baixada de proba, no que aínda non sabíamos  se frenaba e tíñamos como 2 minutos de experiencia, por iso íamos tan despacio.




Este xa é o da xegunda baixada e xa era cronometrado.




Da terceira baixada non temos vídeo, é unha pena porque foi na que mais rápido pasamos.