miércoles, 20 de abril de 2011

Continúa o traballo

Durante estes días estivemos recopilando algún material necesario, o máis importante era conseguir unhas boas chapas para o chan do bólido cósmico.
Un par de excursións nocturnas foron suficientes para localizar e recoller o material.
Ao final duas chapas, que ademais parecen perfectas para o que necesitabamos e uns tubos que tabién terán a súa utilidade.
As chapas pesaban mais do esperado (sobre 140Kg),aínda hoxe preguntámonos Fran e eu como conseguimos levantalas con tanta facilidade no momento da "obtención".
Ó final quitamos todo o referente a antiga dirección e repasáronse as soldaduras do chasis, todo iso si, con materiais de última tecnoloxía.



Ésta é unha das chapas

Cortando...



Soportes para o chasis jajaja

Inda que poidan aparecer moitas cervexas por ahí en diferentes fotos, é casualidade porque a verdade é que estamos pasando sede.

Quitando a antiga dirección
Agora a soldar, pero empregando só o último en materiais, non escatimamos en gastos


Primeiro día da nova etapa

O primeiro día de traballo desta nova etapa dedicámolo a ver que podiamos facer coa dirección que fixera Victor nun día de plenitude e que intentamos aprobeitar porque se nos servía era tempo e traballo gañado. Ó final descartámola, pero un día si que nos levou ver ata onde podiamos chegar con isto.


   A dirección, con algunha modificación xa feita

Só faltan as cervexas!

Precisión ante todo


Rut montada no F150º Italia

Novo ano, nova etapa

Logo dun longo período onde por uns ou outros motivos (Eu o motivo téñoo clarísimo, pero vou intentar ser politicamente correcto) non fixemos nada de nada, parece que empezamos con ganas outra vez, e mais nos vale porque o tempo bótasenos encima.

Pasaron moitas cousas desde a última entrada neste blog e dáme a min que aínda queda algunha, que tarde ou cedo se non cambian as cousas tamén chegará.

En principio temos un baixa para esta nova etapa, que a falta de confirmar oficialmente, oficiosamente está máis que confirmada, isto tamén supuxo un traslado do centro de operacións.

Pero como di o refrán non hai mal que por ben non veña, desde estas liñas compráceme darlle a bienbenida ao equipo a Artur e Valentina, dos que non me cabe dúbida, serán pezas fundamentais no devir deste proxecto.