Creei uns deseños baseándome no logo do equipo. Creo que a idea era poñer o rodamiento da cabeceira do blog e o nome co número ademais do logo. Hai que ter en conta que cantas mais cousas engadamos mais caras van ser.
A min particularmente gústame co logo no peito e o nome nas costas, sen numero, simple e bonita.
O rodamiento non sei moi ben onde situalo, é un pouco complicado, pasoume o mesmo coa cabeceira do blog e aínda non acaba de convencerme.
Como alternativa ao nome nas costas, tambien se pode poñer o nome nunha das mangas, así é mais discreto.
Aí van algunhas ideas.
Podedes comentar ou suxerir o que estimedes oportuno no apartado de comentarios que ten a entrada.