Neste tempo traballamos máis que nunca e aínda que a primeira ollada non pareza que se avanzou moito, á dirección pouco lle falta e con isto a metade está feito, o demais irá rodado.
Neste tempo vimos de sufrir un novo traslado, esta vez a casa de Rut. Os motivos deste cambio son similares ao anterior, a pouca dispoñibilidade e o pouco interese do anfitrión.
Este traslado limítanos un pouco en canto aos medios físicos pero abrenos unha gran posibilidade en canto a horarios.
Traballamos sabados por suposto, luns e se non recordo mal, creo que algún Domingo (confirmade isto membros do equipo). Se que había xente que dicía que non nos daría tempo, o mesmo tempo daranos a razón.
Con este cambio de sede non só se emendou o problema do abastecemento líquido aos membros do equipo senón que se superou xa que tamén dispomos dalgunha que outra cousa que comer. Ultimamente tamén estamos estámonos animando a cear xuntos os sábados ó terminar e é unha moi boa costume.
Volvamos ao importante. O que estamos finiquitando son as pezas nas que se montarán os rodamientos e a dirección, sobre estas pezas poñerei algunha foto en detalle cando estean rematadas porque unha peza de enxeñería de tal calibre perferctamente poderiámola ver no MP4-26 do gran Lewis Hamilton.
Tamen temos xa a columna de dirección e o seu soporte e o triángulo de dirección.
Estes días asistimos ao descenso de carrilanas de Mos, e isto fíxonos reformularnos seriamente o sistema de freos e se será necesario alixeirar un pouco un mounstruo que con todos os ocupantes encima pode chegar ata 500 Kg de peso e iso non vai haber forma de paralo.
Cada peza confeccionada debe pasar un riguroso control de calidade en base a test adaptativos informatizados. |