Logo da visita de Nando e Fran ao despezamento (desguace para os de Vigo y La Coru) e que Victor comprase os tubos para o chasis, chegaba o primeiro día de traballo.
Primeiro día de traballo e outra ausencia, ao final para xuntarnos todos imos ter que pór comida e bebida polo medio.
Non traballamos moito porque se fixo de noite moi temperán pero o tempo aproveitámolo ben, o chasis quedou listo e preparado para que sigamos traballando nel.
Mencionar o apoio moral co que contamos en todo momento grazas a Lucía e Rut, ademais autoras da maioría das fotos.
Aqui temos o material... | ...e aqui a xente disposta para traballar |
No hay comentarios:
Publicar un comentario