Todo vai sobre o previsto e a parte mecánica está rematada, en xeral todos os puntos débiles xa non o son e hai bastantes melloras de esas que non se ven pero que están aí.
Esta é a primeira vez que podemos engadir algo de estética, o equipo creativo ten un ritmo de traballo alto e en un par de días completaron a tarefa. Ten moi boa pinta.
Nas fotos hai algún adianto de como vai a quedar pero a presentación oficial queda para o día da carreira.
Tamén fixemos algún test e pouco a pouco imos mellorando en todo. Hai que ter en conta que a experiencia que temos é mais ben pouca e ter que conducir entre 3 non é tan fácil.
O que conduce fai de guía, os que van detrás son os que se encargan de frear e de que se poidan coller as curvas mais pechadas, e cada un a do seu lado así que a coordinación é fundamental.
Ferramentas para o tunning
|
|
En Youtube temos o vídeo do test, só se ve a saída pero non puidemos grabar mais que iso
No hay comentarios:
Publicar un comentario