martes, 19 de julio de 2016

Obxetivo cumprido

O que a continuación vou a relatar é a historia do día mais glorioso de JRT, a historia do que é capaz de facer un grupo de amigos involucrados para acadar un mesmo obxetivo.




16/08/2016, catro anos mais tarde o equipo volvía a competir, e como sempre nos pasa as cousas non ocorreron como era previsto... ou se cadra si.

A carreira de este ano consistíu en catro baixadas, unha de proba, e tres cronometradas. Das cronometradas tíñanse en conta as dúas mellores para a clasificación.
Chegamos con bastante confianza, resultado do test que fixemos esa mesma semana e colocados na liña de saída fixemos a baixada de proba. Normalmente esta é unha baixada descafeinada na que todo o mundo vai recoñecendo o circuíto.
Nós con toda a nosa boa fé quixemos comprobar nesta baixada de proba que os neumáticos que hai nas cunetas aguantaban o impacto perfectamente, e así, na curva mais famosa do percorrido, fixemos saltar polo aire dous metros de neumáticos.

O obxetivo que tíñamos marcado para a carreira era completar todas as baixadas. É algo que nunca conseguimos, sempre nos pasou algo.
Chegados á meta evaluamos danos, o rodamento dianteiro dereito estaba moi tocado, faltáballe un trozo e estaba rachado de lado a lado. Nese momento vimos como era bastante probable que non pasasemos de aí, nin sequera tíñamos moita fé en que aguantase o remolcado de volta ata a saída.
É triste quedar fóra na baixada de proba, tanto traballo para un minuto.

A experiencia é un valor, quen o negue é porque carece dela. En 2012 de poder fecer unhas soldaduras poderíamos ter acabado a carreira así que este ano víu con nós a máquina de soldar, a radial e ferramenta varia. 
O rodamento aguantou, foi soldado como se puido e, non tendo nada que perder, tirámonos a pola primeira cronometrada.
Tras cada baixada había que volver a soldalo pero foi aguantando e nos seguimos ó noso que é dar espectáculo.

Un accidente, un trompo, un  zig-zag de lado a lado co carro descontrolado, e para rematar unha baixada case perfecta. Non se pode ofrecer mais. Obxetivo cumprido.




O resultado de todo isto foi que a pesar de facer só unha baixada limpa foi suficiente para quedar segundos da categoría (non federado colectivo) e a tan só un segundo dos primeiros. 
Con estes datos na man e poñéndoos en perspectiva aínda temos marxe, así que ó mellor con un pouco de sorte e algo mais de práctica nos poñemos en tempos dos federados.

Así quedou, agora xa ten marcas de guerra
O famoso rodamento



Na canle de Youtube están todos os videos:



No hay comentarios:

Publicar un comentario