martes, 29 de mayo de 2012

Segundo proxecto JRT


Despois do recomendable e máis que merecido descanso no mundo da velocidade por inercia e alargándoo quizais un pouco en exceso comezamos o segundo proxecto de JRT.

Para esta nova etapa tiñamos dúas posibilidades, a primeira era mellorar o carro do ano pasado, a segunda facer outro aprobeitando o xa feito no anterior.
A idea principal e logo da experiencia do ano anterior, era que os tres ocupantes deberían ir sentados e cos seus respectivos cintos de seguridade.
O carro do ano anterior tiña algúns problemas de base que eran difíciles de liquidar, por exemplo que o chasis creado cos tubos inox non era válido se non tiña as chapas de 160Kg, que era o que daba estabilidade ó conxunto pero tamén era o que provocaba que tivese un peso excesivo. Para poder ir os tres ocupantes sentados a lonxitude debería aumentar co cal aumentar en lonxitude ese chasis tamén era un problema. Logo de valorar os proles e os contras así como a estimación do tempo que nos levaría crear unha nova base para o carro de bolas decidimos facer un novo chasis e sobre él manter a dirección e o sistema de freado do ano anterior. Con esta solución poderíamos aumentar a lonxitude total e desaparecería o problema do exceso de peso.


Tras unha visita á chatarrería volvemos cuns  traveseiros  unhas chapas e uns rodamentos. Atopar eses rodamentos na chatarrería foi un golpe de sorte. Dende o ano pasado tíñamos claro que os rodamentos dos que dispuñamos eran moi pequenos pero non puideramos facernos con outros e tampouco sabiamos onde podíamos conseguilos. Os rodamientos son un elemento clave, pero tamén son un elemento que non se pode mercar porque o prezo dun rodamiento dese tamaño roza o paranormal, así que a compra destes rodamientos ó peso coma se tratásese dun ferro calquera foi de 10.
A compra dos traveseiros tamén veu acompañada de fortuna xa que, casualidades da vida, despois démonos conta de que eran perfectos porque non tiveramos en conta unha medida e os traveseiros tiñan exactamente esa medida, de non ser así teriamos que realizar algunhas adaptacións no sistema de dirección que probablemente nos atrasaría demasiado.


Con todo isto o proxecto está avanzando a bo ritmo, xa temos o novo chasis, xa adaptamos a dirección á nova medida de rodamentos e o próximo día é probable que o chasis xa quede encima de 4 rodas.


Só nos quéda pendente o tema dos asentos, necesitamos 2, a ver como os conseguiremos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario